martes, 27 de outubro de 2015

Bibliotecas do mundo

Seguindo coa temática destes últimos días, hoxe traemos un conxunto de imaxes que nos van trasladar a outros lugares do mundo. Trátase de bibliotecas orixinais e curiosas que dalgún xeito chaman a atención. Son un exemplo de orixinalidade e todas elas conteñen grandes doses de creatividade que invitan a entrar e por suposto, a ler.

Espero que vos gusten.


 Biblioteca de Kansas City, Missouri, Estados Unidos



              


            
             


Brentwood Children´s Library, Tessessee (Estados Unidos)

 Northampton, Inglaterra



    Dame Bradbury, Reino Unido

 
The phone booth library, Inglaterra

Muyinga en Burundi, África

Que vos parecen? Curiosas, alomenos, non si?. Pois inda temos algunha máis, a máis sorprendente de todas dende o noso punto de vista: as bibliotecas ambulantes de Colombia ou Biblioburro.


 E se queredes saber máis sobre como funcionan  recoméndovos a lectura deste libro que temos na biblioteca onde se explica a súa orixe e outros detalles.


Así que nada máis, espero que disfrutárades destas bibliotecas tanto coma nós.

Un saúdo.

domingo, 25 de outubro de 2015

sábado, 24 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Uníndonos ás propostas de diferentes organismos, hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares co que queremos achegarvos o noso interese e as nosas inquedanzas para que a biblioteca do noso centro teña un protagonismo especial hoxe e todo o curso escolar.

A Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria  co lema BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPERIMENTACIÓNS, alienta aos centros a ao alumnado a ser partícipes da vida bibliotecaria nos centros. Premendo na imaxe atoparás máis información.


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Aproveitamos esta circunstancia para dar a coñecer o tema que este curso traballaremos como proxecto documental; titúlase INVENTANDO CAMIÑOS  e o tema central son os inventos.
Deixamos a imaxe que dalgunha maneira ilustra o tema.




 Publicamos tamén o tradicional Boletín do Lector que, coma sempre, inclúe información variada e xogos para acadar bibliopuntos.





Invitámosvos dende aquí e dende hoxe a visitar a nosa biblioteca que este ano se converterá nunha BIBLIOTECA DE PELÍCULA.

Esperamos as vosas visitas, tanto neste blog coma na biblioteca que contamos sexa do voso agrado; e non olvidedes que


 Un saúdo e ata pronto!

mércores, 7 de outubro de 2015

O pasado recente

Ola a todos e a todas. Hoxe vimos cunha entrada coa que lembramos o curso pasado. É unha presentación na que seleccionamos algunhas das nosas imaxes literarias. Antes de presentar o novo curso "bibliotecario" queremos facer memoria dese pasado recente que vivimos e compartimos POR AMOR Á ARTE. Engadimos tamén unha fotografía cos gañadores de bibliopuntos que, inda que representan un bo grupo de bos lectores, non son todos os que nos gustaría que estivesen. Noraboa campións! Desfrutade con todos estes recordos e ata moi pronto.