luns, 4 de xullo de 2016

Gañadores edición 2016

Para rematar o curso hoxe traemos a imaxe dos gañadores dos bibliopuntos da edición de 2016. Esperamos que estes lectores e lectoras disfruten dos seus agasallos e veñan con máis folgos o curso que ven.

Noraboa para eles e elas e para todos aqueles que participaron dos xogos e dos libros da nosa biblioteca, que inda que non están nestas imaxes sabemos que son tan importantes e necesarios como os que aquí vemos.

Un saúdo para todos e esperamos vervos o curso que ven.

Feliz verán!!!


Boletín do Lector

Sabemos que o verán é o momento de descanso e de disfrutar do verán e de actividades ao aire libre, pero dende a biblioteca non podemos deixar de aconsellar lecturas que cremos que vos poden interesar. Publicamos un número máis do noso Boletín do Lector onde veredes títulos recomendados por idade, un resumo do ano e unha vez máis un recordo a Roald Dahl, autor universalmente recoñecido.

Un saúdo e bo verán.


Apadriñamentos lectores

Faltaba por subir as imaxes dos apadriñamentos lectores que tiveron lugar no mes de abril como unha das celebracións do mes do libro. Alí estivemos todos e todas e sigue sendo unha das actividades máis valoradas por todos: profesorado, persoal non docente e alumnado. Aquí deixamos o vídeo coas imaxes máis salientables. Un saúdo.

mércores, 27 de abril de 2016

Día do Libro, outra vez

Acabo de atopar esta imaxe no blog "Cuaderno de viaje" da ilustradora e escritora Mónica Carretero, que conmemora o día do libro cunha das súas ilustracións. É unha imaxe sinxela pero chea de contido, co estilo que caracteriza á autora, polo tanto sen sorpresas pero moi clara; en definitiva, unha mostra máis do que significa o libro e a lectura para ela e para outras persoas.

Si queredes pasar polo seu blog e coñecela un pouco máis pinchade na imaxe.


luns, 25 de abril de 2016

Día do Libro

Hoxe vos amosamos algunhas das actividades realizadas co gallo do Día do Libro que celebramos na escola o pasado venres 22 de abril. En primeiro lugar vos presentamos en imaxes as exposicións orais que se fixeron para explicar aos demais os traballos feitos a partir do Proxecto Documental Integrado deste curso sobre os inventos e que leva por título "INVENTANDO CAMIÑOS". Esperamos que vos guste a presentación.




Por outra banda recibistes nas vosas casas o tradicional Boletin do Lector, que xa leva uns anos chegando ás familias e que cumple xa trinta e un publicacións. Aquí volo deixamos para que poidades utilizalo sempre que queirades. E non vos olvidedes de participar nos xogos.
E para rematar esta entrada, que xa é un pouco longa, queremos mostrar un texto breve que a editorial Anaya nos agasallou este curso e que ilustra moi ben o que estamos a celebrar. Lembrade que a exposición de obxectos antigos continuará esta semana na biblioteca para que a poidades ver as familias que vos acheguedes a tarde ao centro. Un saúdo e ata pronto.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Animalium

Hoxe queremos invitarvos a descubrir un pouco máis a natureza. E facémolo a través dun magnífico libro titulado "Animalium"da editorial Impedimenta. Podería dicir del que é un libro-museo se existise algo chamado así porque lendo e mirando a través das súas páxinas parece que estamos nun museo de Historia Natural: os seus textos, as súas imaxes, as tipografías, a súa estética, o que vemos e o que percibimos.

Botádelle un vistazo a estas imaxes e comprobade que o que vos digo é certo; pero non esquezades pasar pola biblioteca porque está esperando que o collades, o leades e o disfrutedes como quen disfruta co seu mellor pasatempo.

Ata pronto!