mércores, 27 de abril de 2016

Día do Libro, outra vez

Acabo de atopar esta imaxe no blog "Cuaderno de viaje" da ilustradora e escritora Mónica Carretero, que conmemora o día do libro cunha das súas ilustracións. É unha imaxe sinxela pero chea de contido, co estilo que caracteriza á autora, polo tanto sen sorpresas pero moi clara; en definitiva, unha mostra máis do que significa o libro e a lectura para ela e para outras persoas.

Si queredes pasar polo seu blog e coñecela un pouco máis pinchade na imaxe.


luns, 25 de abril de 2016

Día do Libro

Hoxe vos amosamos algunhas das actividades realizadas co gallo do Día do Libro que celebramos na escola o pasado venres 22 de abril. En primeiro lugar vos presentamos en imaxes as exposicións orais que se fixeron para explicar aos demais os traballos feitos a partir do Proxecto Documental Integrado deste curso sobre os inventos e que leva por título "INVENTANDO CAMIÑOS". Esperamos que vos guste a presentación.




Por outra banda recibistes nas vosas casas o tradicional Boletin do Lector, que xa leva uns anos chegando ás familias e que cumple xa trinta e un publicacións. Aquí volo deixamos para que poidades utilizalo sempre que queirades. E non vos olvidedes de participar nos xogos.
E para rematar esta entrada, que xa é un pouco longa, queremos mostrar un texto breve que a editorial Anaya nos agasallou este curso e que ilustra moi ben o que estamos a celebrar. Lembrade que a exposición de obxectos antigos continuará esta semana na biblioteca para que a poidades ver as familias que vos acheguedes a tarde ao centro. Un saúdo e ata pronto.